taller2_2024

Detalles dos faladoiros

  • Data de inicio 31/1/2024
  • Hora de inicio 18:00
  • Data de remate 31/1/2024
  • Hora de remate 20:00
  • Situación Centro Social de Boiro

EspazoFamiliaS Boiro naceu no curso escolar 2018-2019 como unha asociación de diferentes centros escolares de Boiro para deseñar liñas de actuación conxuntas coas que abordar os retos educativos da poboación infantoxuvenil que nos compete.
Unha destas liñas é o traballo coas familias, así, en plural; un S maiúsculo que inclúe as diversas realidades e estilos de aprendizaxe. Por iso, decidimos conformar unha Escola de Nais e Pais colectiva, unha estrutura que sobrepase os muros de cada un dos centros e vertebre un espazo común de formación, reflexión e participación para as familias de Boiro.

A xornadas deste curso confórmanse nun ciclo de 3 talleres de coñecemento da adolescencia para que as familias adquiran ferramentas que lles permitan guiar ao alumnado na súa adolescencia diaria e académica.

De xeito diferenciado ás xornadas realizadas en cursos anteriores, nestes talleres traballarase con membros das familias de idades distintas; polo que teremos diferentes liñas simultáneas de actuación en función da idade: Unha primeira liña de traballo dirixida a proxenitores, unha segunda liña de traballo dirixida a adolescentes (13 ou máis anos) e unha terceira liña dirixida a nenos de 8 a 12 anos.

Ademais, como en xornadas anteriores, contaremos cun servizo de canguraxe para nenos e nenas de 3 a 7 anos para poder facilitar a asistencia aos talleres. Este servizo necesitará de reserva previa para poder contar cos coidadores/monitores necesarios.

servizo_canguraxe

 

taller2_2024

cartaz_t1_2023

Temas Relatores Horario Lugar
Acompañamento académico Talleres: Comprendendo a Adolescencia para poder exercer de Guía Talleres: Comprendendo a Adolescencia para poder exercer de Guía 18:00 - 20:00 Centro Social de Boiro
Temas Relatores Horario Lugar
Identidade sexual e relacións Talleres: Comprendendo a Adolescencia para poder exercer de Guía Talleres: Comprendendo a Adolescencia para poder exercer de Guía Talleres: Comprendendo a Adolescencia para poder exercer de Guía 18:00 - 20:00 Centro Social de Boiro