III EspazoFamiliaS. 2021-22
EspazoFamiliaS Boiro naceu no curso escolar 2018-2019 froito dun traballo ilusionante realizado nos centros de ensino deste Concello co obxectivo de dar resposta ás inquedanzas e dúbidas das familias do alumnado, creando momentos de reflexión e formación sobre temáticas que profesorado e familias consideramos de interese e necesidade segundo a nosa realidade diaria.
Nesta terceira andaina, faremos o noso achegamento a temas como: problemas que xeran as pantallas, o tempo excesivo de pantallas, os contidos inapropiados para a idade que xeran comportamentos inaxeitados, as redes sociais, as adiccións tecnolóxicas, abusos sexuais, xeitos de abordar estes escenarios…
Tamén, como en edicións anteriores e coñecedores de que a situación motivada pola COVID-19 non é a máis desexable, tentaremos dispoñer dun servizo de canguraxe para facilitar a asistencia das nais e pais aos faladoiros.

Recoñecidos relatores

Quérote+

Diego Rico
Policía XudicialDiego Rico
Policía Xudicial
Manuel Isorna Folgar
Doutor en Psicoloxía e Profesor da Facultade de CCEE da Universidade de VigoManuel Isorna Folgar
Doutor en Psicoloxía e Profesor da Facultade de CCEE da Universidade de Vigo
Manuel García
Cruz Vermella BoiroManuel García
Cruz Vermella Boiro
Ana Isabel Mosquera González
Pedagoga e experta en adicciónsAna Isabel Mosquera González
Pedagoga e experta en adiccións