María Teresa Piñeiro Otero
Profesora da UDC de Socioloxía e Ciencias da ComunicaciónTeresa Piñeiro Otero é Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas e Doutora en Comunicación pola Universidade de Vigo e profesora titular da área de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Universidade da Coruña.
Ten desenvolvido a súa actividade investigadora no eido da comunicación dixital e redes sociais, ámbito sobre o que participou en diversos proxectos, congresos e sobre o que publicou diversos artigos en revistas de impacto. Recentemente ten enfocado o seu traballo cara ás violencias de xénero nestas redes.
No momento actual dirixe do Centro de Estudos de Xénero e Feministas-CEXEF, da Universidade da Coruña.