Manuel Isorna Folgar
Doutor en Psicoloxía e Profesor da Facultade de CCEE da Universidade de Vigoisorna.catoira@uvigo.es
Manuel Isorna Folgar é doutor en Psicoloxía e profesor da Universidade de Vigo na Facultade de Ciencias da Educación e Traballo Social.
Cursou un máster en drogodependencias (1998) e outro sobre o trastorno por déficit de atención con hiperactividade (TDAH)(2018), ademais dun curso de especialización en psicoloxía deportiva pola UNED (2000).
Desenvolveu a súa laboura profesional como responsable de prevención de drogodependencias do Concello de Catoira durante 25 anos, polo cal recibiu en 2012 o Premio Reina Sofía e en 2013 o premio da FEMP polas “Boas prácticas en Drogodependencias”.
Autor de numerosos libros, capítulos de libros e artigos científicos vinculados ao ámbito da educación, adolescentes e consumo de drogas. Destacando varios libros e artigos sobre o consumo de cannabis.
Exerce como presidente do comité organizador do Congreso Inernacional sobre Cannabis e os seus derivados: saúde, educación e lei e do Congreso internacional de entrenadores de piragüismo de Aguas Tranquilas.
É profesor da Academia Galega de Seguridade Pública na cal se forman as forzas de seguridade do estado en temas de drogodependencias e condutas adictivas.
Director de varios cursos de extensión universitaria, destacando entre eles, varios relacionados cos estilos de vida dos adolescentes.