carmenhermo

Mª Carmen González Hermo

Psicóloga do Benestar

+34 64974825
mcarmen.gonzalez.hermo@gmail.com

Psicóloga habilitada para o exercicio sanitario, colexiada G-3100.
Traballou durante 13 anos nunha entidade de defensa dos dereitos das persoas con diversidade funcional, na que exercía de psicóloga sanitaria nos seus servizos de atención diurna.
Dende 2008 é membro do GIPCE do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (Grupo de intervención psicolóxica en catástrofes e emerxencias) traballando como experta en psicoloxía de emerxencias, co 112 Galicia.
Experata en mediación e psicoterapeuta gestalt, tamén ten un amplo bagaxe no traballo con persoas con TEA, DCA e menores con dificultades de aprendizaxe.
Participou, tamén, como formadora de profesionais en cursos impartidos polos CAFIs, cursos de formación continua e en cursos de formación a desempregados.
Na actualidade actúa como axente dinamizador de benestar social, a saúde mental e a calidade de vida das persoas, desenvolvendo intervencións individuais, grupais e comunitarias que faciliten a relación simbiótica individuo-sociedade.