Anabel Mosquera

Ana Isabel Mosquera González

Pedagoga e experta en adiccións

Ana Isabel Mosquera González é unha Pedagoga e experta en adiccións.

Logo de 20 anos de experiencia no Proxecto Home como terapeuta, coordinadora de distintos recursos e formadora de terapeutas; na actualidade desenvolve proxectos de prevención de condutas de risco no uso das tecnoloxías, con adolescentes e as súas familias e tamén forma a profesionais no sector sociosanitario.

Entre os seus traballos destacan un estudo, en colaboración coa USC, sobre o impacto da ludopatía en menores no Concello de Narón e o proxecto “Fóra de xogo”; programa pioneiro en prevención da ludopatía en menores do Concello de Narón.