MªJ Iglesias Fungueiriño

Psicóloga. Especialista en Terapia Familiar, promoción da saúde e prevención de condutas aditivas.

mariafungueirino@yahoo.es

María José Iglesias Fungueiriño.

Psicóloga. Especialista en terapia familiar, promoción da saúde e prevención de condutas aditivas.

Licenciada en Psicoloxía na Universidade de Santiago de Compostela no ano 2000. Conta con formación en Terapia Familiar Sistémica (nos seus niveis, básico, avanzado e supervisión) ademais de diversos monográficos e xornadas neste ámbito.

Experta en Psicoterapia Infantil e Xuvenil e nos últimos anos a súa formación céntrase na intervención e tratamento en infancia e adolescencia desde a perspectiva gestáltica e a intervención terapéutica desde Teoría do Apego, Trauma e EMDR.

Posúe experiencia laboral e formativa, de máis de 15 anos, no ámbito da promoción da saúde e a prevención de condutas aditivas e enfermidades de transmisión sexual e VIH-SIDA en diversos ámbitos e, en especial, en adolescencia e familia. Na Asociación Renacer de Riveira.

Tamén con experiencia no eido privado, como colaboradora do gabinete de psicoloxía Espazo Aberto.

Está acreditada para exercer a súa profesión polo Colexio Oficial de Psicólogos (colexiada G-4657) e en posesión do certificado para o exercicio da actividade sanitaria segundo a Lei de economía social 5/2011 disposición adicional 6ª para o exercicio da actividade sanitaria.